23 de abril de 2018

Parrote

Nesta zona hai moito que os espazos ocupados pola praia e a primeira casa de baños da cidade quedaron sepultada pola Solana e o varadoiro.

Mesmo final que para a chamada Casa Gótica, que estaba situada facendo esquina entre o Paseo da Dársena e a rúa do Parrote.

Era o último edificio civil da idade media que quedaba na cidade e foi derrubado no 1936.

Construíuse a finais do século XV e pertenceu aos condes de Maceda, tendo ao longo dos anos diferentes usos, como o de cárcere.

O Concello quixo facer nel o Museo de Belas Artes, pero foi incapaz de adquirilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.