29 de maio de 2018

A CONDENA

A CONDENA
Fredric Brown

Charley Dalton, astronauta procedente da Terra, cometera un grave delito facía menos dunha hora tras a súa chegada ao duodécimo planeta que orbitaba ao redor da estrela Antares. Asasinara a un antariano. Na maioría dos planetas, o asasinato era un delito e noutros un acto de civismo. Pero en Antares era un crime capital.
- Condénaselle á morte - sentenciou solemnemente o xuíz antariano -. A execución levará a cabo mediante unha pistola de raios, mañá ao amencer.
Sen posibilidade algunha de recorrer a sentenza, Charley foi confinado no Pavillón dos Condenados.
O Pavillón compúñase de 18 luxosas cámaras, todas elas espléndidamente abastecidas dunha gran variedade de viandas e bebidas de todas clases, con cómodo mobiliario e todo aquilo que un poida imaxinar, incluída compañía feminina en cada habitación.
- Caramba! - dixo Charley.
O gardián antariano inclinouse e dixo:
- É o costume no noso planeta. Na súa última noite, aos condenados á morte concédeselles todo o que desexen.
- Case mereceu a pena a viaxe - contestou Charley -. Pero, dígame, cal é a velocidade de rotación do seu planeta? De cantas horas dispoño?
- Horas?... Iso debe ser un concepto terrestre. Vou telefonar ao Astrónomo Real.
O gardián telefonou e escoito atentamente durante un intre, daquela dirixíndose a Charley Dalton, informou:
- O teu planeta, a Terra, realiza 93 revolucións ao redor do seu sol no transcurso dun período de escuridade en Antares II. A nosa noite equivale, máis ou menos, a cen anos terrestres.
O gardián, cuxa esperanza de vida era de vinte mil anos, inclinouse respetuosamente antes de retirarse.
E Charley Dalton comezou a súa longa noite de festíns, de bebedeiras e etcétera, aínda que non necesariamente nesa orde.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.