30 de maio de 2018

Inicio de XA CHEGOU O MAIO de Antón Tovar

Xa chegou, de lonxe,
de verde, vestida,
co refaixo novo,
a dona perdida.

Chea de paxaros,
de froles cheíña,
vén a primavera
muíña, muíña.

No bico do maio
van os bicos dela,
e chegan seus bicos
deica aquela estrela.

A estrela lonxana
i a lúa i o sol
abrochan agora
tal como unha frol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.