30 de agosto de 2018

Aforismos de Leonardo

327.- O ollo, polo cal se reflicte como por un espello a beleza do universo a quen a contempla, é de tan grande excelencia que o que consente na súa perda renuncia a representarse todas as obras da 
natureza, vendo as cales se reconcilia a alma coa prisión do corpo. Grazas aos ollos, a alma represéntase todas, as varias cousas da natureza, pois quen os perde queda coa súa alma encerrada nunha escura prisión onde non chega ningunha esperanza de ver de novo o sol, luz de todo o universo. Homes hai para os cales as tebras nocturnas son sumamente odiosas, aínda que de breve duración. Que farían eles se esas tebras acompañásenos por toda a súa vida? 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.