30 de outubro de 2018

A estatua do rei Chefren

A estatua do rei  Chefren
Unha estatua emblemática de  Chefren, faraón da IV dinastía, única polas súas colosais dimensións (20  m de altura), é a  esfinge que se atopa no complexo funerario de  Gizeh. Trátase da figura dun león acazapado coa cabeza do rei. Está escavada na montaña, aproveitando a forma orixinal de roca calcaria, de maneira que o corpo queda integrado na planicie do deserto, ao mesmo nivel, e o único que sobresae por encima é a cabeza. O rostro  idealizado de  Chefren mostra o tocado real e a barba cerimonial que  personifican a figura poderosa do león. A estatua xigantesca mira cara ao leste, o lugar por onde nace o divos Sol e con quen se identifica ao rei. A  esfinge simboliza, por tanto, o concepto de rei como divindade. É tamén o protector da terra -rexeita os malos espíritos-, erixíndose en gardián permanente da necrópole dos monarcas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.