7 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VIII

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VIII

Entonces xa os galegos estabamos como o peixe na auga, como, como celtas. ¿Por qué lle gusta esto a unha xente tan humilde coma nós, coma os galegos, dunha terra tantos longos anos pobre, unha terra realmente todos vós o sabedes, moitos de vós tedes sabido daqueles pequenas aldeas nosas, todos sabedes a pobreza da nosa vida cotián, por qué lle gustou esto porque preferiu por exemplo os suevos unha caste heroica tremenda grandes cabalgadores, grandes heroes unha das máis puras sangues que produxo nunca a selva xermánica, non foron estos celtas, esta xente esparexida que non logrou nunca formar un estado, sempre dividida en pequenos, en pequenos bandos indo pra aquí pra alá cos seus rebaños de vacas e cos seus rebaños de cabalos, facendo exorcismos ó ferro cando se lle traballa na fragua, unha raza pobre e sen embargo amiga do ouro, tan amiga do ouro que hai un libro dun gran filólogo irlandés actual, neste momento, dos estudios da lingua gaelica en Dublín o profesor Mc Macanan, moi amigo meu que escribiu un libro en que explica algúns dos éxitos, das emigracións dos celtas pola búsqueda do ouro.

Esto veu tamén a Galicia a mezclarse un pouco co problema dos celtas, por exemplo Murguía en que el pensaba hai unhas cartas de Murguía en que el pensaba escribir ou pensaba facer Don Vicente Risco tamén se preocupou moito deste tema, como vostedes saben cando os romás chegaron a Galicia foron un pouco sorprendidos pola cantidá de ouro que topaban nos chafas e nos deuses das distintas tribus, son esas xoias de ouro algunhas fermosísimas que se conservan nos museos galegos por exemplo no museo de Pontevedra e non museo de Lugo, os torques, as diademas o tesouro de Calas, o tesouro da Augalada o tesouro o gran torques de Burela en Ribadeo, que son nada menos que dúas libras en media de Ouro, etc.

E os romás explotaron o ouro galego, o ouro estaba como saben, no extremo sudeste de Galicia, no Sil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.