6 de decembro de 2018

Aforismos de Leonardo

341.- Someteremos entón a pintura ao xuízo do xordo de nacemento, e a poesía será xulgada polo cego de nacemento. E se a pintura está figurada cos movementos propios dos caracteres morais que actúan nun sentido determinado, non hai dúbida de que o xordo de nacemento comprenderá a obra e as intencións do pintor; pero o cego de nacemento non comprenderá nada do que o poeta manifeste e que faga honra á poesía. E aínda que entre as súas nobres representacións cóntanse as dos xestos dos personaxes que compoñen as súas historias, as das paisaxes cos seus ornamentos deleitosos e as súas augas transparentes que mostran o verde fondo e cuxas ondas rebuldan sobre as pradarías ou os miúdos guijarros e abundan en peixes de áxiles movementos; todas estas descricións poderían dirixirse con igual efecto a unha pedra que a un cego de nacemento, quen nunca viu cousa algunha das que forman a beleza do mundo, é dicir, a luz, as tebras, a cor, os corpos, as figuras, as paisaxes, a distancia, a proximidade, o movemento e o repouso, que son o dez ornatos da natureza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.