27 de decembro de 2018

Aforismos de Leonardo

344.- Pero do feito de que a pintura serve a un sentido máis nobre, como é o ollo, resulta para as súas producións unha especie de proporción harmónica; noutros termos: da mesma maneira que moitas voces diferentes, unidas en simultáneo efecto, dan a sensación dunha proporción harmónica que satisfai o sentido do oído ao extremo de producir nos auditores unha admiración case estática, así tamén, e aínda moito máis, as belezas proporcionadas dun rostro angélico, postas en pintura, son para o ollo o que é para o oído un armonioso concerto de sons musicais. E se esta harmonía de belezas é mostrada ao amante da muller que lles serviu de modelo, a admiración profunda e o pracer incomparable dos seus ollos serán moi superiores a todo o que podería experimentar cos seus outros sentidos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.