3 de xaneiro de 2019

Aforismos de Leonardo

345.- En cambio, a poesía -obrigada a ensaiar a representación dunha perfecta beleza, mediante a figuración de cada unha das partes que compoñen a harmonía pictórica mencionada antes- non chegará a obter un resultado que supere en graza ao que nos proporcionaría o músico
facéndonos ouvir sucesivamente, en varios tempos, cada unha das voces, que só actuando á vez formarían un armónico acento; ou ao que lograriamos facendo mostrar un rostro parte por parte, recubrindo sempre as que mostramos primeiro. Nunha tal exhibición os nosos ollos esquecerían cada cousa a medida que outra a substituíse, e non poderían abrazar o conxunto en simultánea e proporcionada harmonía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.