5 de marzo de 2019

Lucifer

"Lucifer" é unha palabra latina que significa "portador da luz". Foi empregada por San Xerome na elaboración da Vulgata -a versión en latín da Biblia- para traducir o termo hebreo Helel (literalmente «resplandeciente») dun texto de Isaías. Foi unha elección meditada, que buscaba conciliar os distintos sentidos que segundo algúns o texto hebreo parecía conter. E é que, xa naquela época, algúns "Pais da Igrexa" creran atopar naquelas palabras a descrición da caída de Satanás!

Até aquel entón Lucifer -tamén coñecido como Heósforo- era tan só un deus menor da
mitoloxía grecorromana, un fillo da deusa Aurora que nada tiña que ver coas tradicións xudeas ou
cristiás. A súa condición de descendente dos deuses influíu na elección que realizou San Xerome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.