9 de xullo de 2019

HISTORIA DA ARTE

Características xerais da pintura e o relevo en Exipto

Os códigos na representación da figura humana O estereotipo de mocidade e beleza: a jerarquización simbólica A representación animal A concepción do espazo e a composición Bandas horizontais e rexistros Uso simbólico da cor A representación mural é un dos medios de expresión máis importantes da arte exipcio. O soporte máis frecuente para a pintura era o muro, cuberto de bajorrelieves que se podían pintar. A pintura aplicábase directamente sobre as paredes lisas, previamente enlucidas. A separación entre pintura e relevo é case inexistente, pois os códigos de representación son idénticos en ambos os casos e as dúas técnicas están tan vinculadas que se poden estudar conxuntamente. A situación de pinturas e relevos (dentro dos edificios, nas paredes dos templos e en capelas funerarias) seguen unhas estritas normas ditadas polos sacerdotes. Para os exipcios a representación actúa como o dobre da realidade. Grazas ás escenas que aparecen nas tumbas, os defuntos teñen a garantía de que poderán posuír na vida eterna os mesmos bens que gozaron tamén na terreal. No antigo Exipto a finalidade da pintura e o relevo era perpetuar a existencia do defunto no máis aló. Non existía, por tanto, un interese propiamente artístico. Por ese motivo, a arte exipcia non evoca paisaxes nin transmite sentimentos ou emocións. Tanto en pintura como en relevo hai dous principios básicos que se plasman en todas as representacións: a regularidade xeométrica e a observación da natureza. Para traballar, o artista segue un modelo, un método con regras ríxidas. Os temas son sempre os mesmos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.