21 de outubro de 2019

XADREZ E CULTURA

Cun torneo amigable de rápidas empezamos a actividade no CUR. Nesta ocasión o vencedor foi o presidente do CIDU e vogal na Xunta Directiva de Palaestra.

1. - Daniel Codesido, con 4 puntos.
2. - Brais Casas, con 4 puntos.
3. - Florencio Gonzalez, con 3.5 puntos.
4. - Carlos Castedo, con 3 puntos.
5. - Jose Manuel Andion, con 2.5 puntos.
6. - Noa Garcia, con 1.5 puntos.
7. - Vera Garcia, con 1.5 puntos.
8. - Manuel Andion, con 0 puntos.

Aproveitouse a ocasión para entregar a Florencio González o seu trofeo como o mellor no circuito de torneos no curso pasado.

E anunciamos que neste curso 2019-2020 imos recuperar a realización de varios circuitos de xadrez rápido nos amigables dos venres.

Cada circuito estará fomado por 6 torneos.

A cota por participar en cada torneo será de 1 euro. O gañador de cada proba recibirá como agasallo unha camisola e o vencedor de cada circuito un trofeo.

Os puntos para o circuito seguirán a pauta dos circuitos da Asociación Galega de Xadrecistas, concediendo a todos os participantes tantos puntos como participantes haxa no torneo restándose a esa cantidade a de xogadores que se situaran na clasificación por enriba de cada un.

No circuito de Outono os torneos serán de rápidas normais, no de Inverno será variando a apertura en cada torneo e no de Primavera será todo él dunha apertura temática.

CIRCUITO OUTONO – Xadrez rápido sen restriccións
1º Torneo: 25 outubro
2º Torneo: 8 novembro
3º Torneo: 15 novembro
4º Torneo: 29 novembro
5º Torneo: 13 decembro
6º Torneo: 20 decembro

Os venres indicados ás 20,30 no Centro Universitario de Riazor.
Almirante Lángara, s.n.

Fonte: www.xadrezuniversitario.org


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.