4 de febreiro de 2020

11 consellos para escribir

Á hora de escribir un texto de creación literaria, trata de seguir este once consellos:

1º- Antes de poñerte a escribir, planifica minimamente o teu traballo:

Pensa antes cal é a historia que vas contar, os personaxes principais da túa narración e os sucesos mais importantes. Poida que mesmo ti xa saibas o final antes de escribir a primeira frase; iso non é malo.

2º- Unha vez que empezos a escribir non te pares:

Mantén a man en movemento. Escribe e escribe contando a historia con detalles. (Irán aparecendo a medida que escribas). Mentres escribas, non te preocupes da puntuación nin da ortografía nin da sintaxe. Iso telo que corrixir ao final, cando xa terminases o teu relato, non mentres escribes.

3º- Mantén de principio a fin o mesmo punto de vista do narrador: 

Non saltes da primeira á terceira persoa, e viceversa, en metade da historia.
Tes que ser capaz de manter un mesmo narrador de principio a fin do teu relato.

4º- Non cambies os tempos verbais

Se pasas do pasado ao presente sen darche conta diso, cometes un erro. Do mesmo xeito que no caso anterior, o salto ao presente nun momento de máxima acción debe ser evitado: “ Entrei no banco e cruceime con Julián. Recoñeceume enseguida. Saio correndo, cruzo a rúa e escóndome no portal”

5º- Non utilices unha linguaxe telegráfica: 

Describe o espazo, as conversacións, os xestos e as accións cunha certa lóxica e extensión. Non sexas langrán. A idea está no teu cerebro, así que pon todos os detalles que poidas.

6º- Evita no posible o abuso de onomatopeias e puntos suspensivos: 

Isto non é un cómic. Na linguaxe oral coloquial teñen un uso fundamental e axudan á comunicación, pero nos textos escritos, as onomatopeias deben ser descritas a través dos seus efectos. No canto de escribir: “ Esther caeu da cadeira Crash! Ai! ” É mellor ler unha descrición: “ A cadeira cruxiu, e rompeu facendo un ruído seco. Esther caeu ao chan, golpeouse na fronte e deu un berro de dor “

7º- Usa adxectivos e adverbios con moderación: 

A partir dunha falsa idea de que o literario é o recargado, barroco e rebuscado, téndese a tratar de imitar cunha linguaxe que soa a “Literario“ aos grandes autores. Evita tamén, sempre que sexa posible, a anteposición de adxectivos aos substantivos. Se eu digo: “ A branca, esponxosa e branda neve caía mansamente sobre o tellado” estou a desperdiciar palabras, porque a neve xa de seu, non ten máis remedio que ser branca, branda, esponxosa e caer mansamente.

8º- Escribe con palabras sinxelas: 

Para contar ben unha historia non é preciso acudir a palabras inusuais nin altisonantes, se non á naturalidade, nin á vivacidade e continuidade das escenas. Se describes a un neno na praia que di: “Oh, papá. Observaches que belo é ese crustáceo que xace baixo os raios do Sol? “ Ninguén llo cre porque ninguén fala así. Falan os personaxes da vida real como lles fas falar a túa aos teus personaxes dentro do texto?

9º- Usa substantivos concretos:

Non se trata de facer tese filosóficas sobre a sociedade, a guerra, ou o amor, senón de contar historias imaxinarias pero concretas, empezando polos nomes propios dos personaxes, locais, rúas e cidades. En lugar de árbore, escribe fresno, piñeiro, acacia...; en lugar de coche escribe Toyota Carina Vermello...; non escribas un pobo senón Sorbas, Carboeiras, Adra...; non un neno, senón Carliños...; non unha flor, senón unha rosa branca...; non unha tenda, senón Electrodomésticos Miro....

10º- Fai que a túa historia teña detalles e movemento:

Un conto case sempre debe “Contar algo” (Unha historia, un conflito, unha escena, un suceso). Fai que ocorran “cousas” (Non necesariamente traxedias), e que os seus personaxes se movan e fagan xestos. Describe usando todos os sentidos (Vista, oído, olfacto...). Nos detalles pequenos, visuais e tanxibles está moitas veces a maxia dunha escena ben descrita que atrapa aos lectores.

11º- Revisa todo cando termines:

Corrixe, modifica, tacha o innecesario, engade detalles e unifica o texto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.