11 de marzo de 2020

Novela semanal. Décima entrega.


Vaise achegando con lentitude ao corpo inerte, sempre atento a calquera ruído, e axeónllase diante del. O uniforme de escolta segue a impregnarse con sangue das feridas mentres a man dereita continúa agarrada á pistola que vira antes. Duchamps decide tomar a pistola tendo en conta que o perigo aínda debe de estar preto. Como se a mansión lle puidese ler a mente, sonan uns pasos ao outro lado da parede, que van diminuíndo de intensidade. Érguese tan rápido como lle permite a cautela, camiña en dirección á porta máis próxima e, aberta, observa que esta leva ao mesmo corredor que el estaba seguindo, rodeando as salas. Sen perder máis tempo sae na dirección das pisadas, que aínda se escoitan de xeito tenue na distancia.

Despois dun intre avanzando deixa de ouvir os pasos, o que non lle gusta pois pode significar que o asasino sabe que está a ser seguido e que se vai agochar preparando unha emboscada. Co corazón a mil por hora, Duchamps continúa polo corredor con tanto sixilo que mesmo a el lle custa escoitar os seu propios zapatos pisando o chan. Chega a unha esquina e non se atreve a mirar que hai ao outro lado pero por sorte hai un espello colocado na parede que reflicte una imaxe do que hai ao fondo. O cristal desvela unha figura solitaria, que non parece estar en garda, senón buscando algo no peto. Despois de moito remexer saca un obxecto pequeno que coloca ao carón da orella. Si, xefe, xa está todo feito. Decoupledieu está morto pero non foi tan fácil como tiña previsto porque ademais tiven que matar un garda que me perseguía, pero xa está de camiño ao outro mundo. Non, non me viu ninguén máis. Vale, de acordo, para a próxima semana continúo cos outros desertores.

Duchamps non actuou para así deixar ao asasino falar libremente en busca de información valiosa, pero semella que a conversación está a punto de acabar. Coa man apertando firmemente a pistola, o detective apunta á arma do asasino para tentar deixalo indefenso. Inspira, expira, pecha o ollo esquerda e dispara.

Continuará.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.