11 de setembro de 2020

Inicio de 12 do 9 do 2001

12 do 9 do 2001 - MANUEL VÁZQUEZ MONTALBÁN 

O PAIS | Opinión - 23-01-2002 

Instalados no día seguinte dos atentados de Nova York e Washington, entramos no 2002 coma se fose un ano apéndice do anterior, a maneira de prolongación da Operación Liberdade Duradeira coa que o    Goberno norteamericano maquillou unha guerra sucia, de momento contra os talibán; pero a tiro quedan outros potenciais núcleos de terrorismo internacional como Somalia, Iemen e, está claro, Iraq. Evidentemente, Nova York non se merecía aquela agresión, nin os executados polo lume e os derrubamentos fixeran nada para merecer un final tan atroz e retransmitido en directo. Aqueles panos axitados nas xanelas dos rañaceos dicían adeus a toda esperanza e os defenestrados que preferían    estrelarse contra o asfalto a morrer queimados eran mensaxes viventes de que a vida é unha excepción que nin confirma nin deixa de confirmar regra algunha, como xa sospeitaba Carmen Martín Gaite e púxoo por escrito.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.