24 de decembro de 2020

Aforismos de Leonardo

436.- O que ten ao seu favor é a súa resistencia ao tempo; aínda que a pintura ten análoga resistencia cando lla executa sobre unha lámina grosa de cobre, recuberta de esmalte branco, empregando cores, tamén de esmalte, e expondo todo ao lume. Esta pintura ao esmalte avantaxa á escultura en duración. Poderase argüir que un erro na escultura non é fácil de remediar: triste argumento para probar que o irremediable de toda neglixencia dá maior dignidade á obra. Xa vos contestarei que o enxeño do mestre que tales erros comete é máis difícil de reparar que a obra malograda por el. Ben sabemos que o escultor entendido e práctico non caerá nestes erros, senón que, mediante a aplicación de regras apropiadas, irá extraendo material aos poucos até levar a bo termo o seu traballo. Ademais, se o escultor recorre á arxila ou á cera, poderá agregar ou quitar, e, concluído o modelo, baleiralo en bronce: última operación, e a máis permanente, da escultura; xa que a obra de bronce non está exposta a arruinarse, como a de mármore. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.