25 de febreiro de 2021

Aforismos de Leonardo

445.- Pero ocupémonos tan só dos mestres, e non dos malgastadores de mármore. 

22 de febreiro de 2021

Vocabulario médico galego

zooloxía 



s.f. Rama da bioloxía que se ocupa do estudio dos animais. // Z. experimental A que basea os seus estudios en experimentos realizados nos animais. / Z. médica A que estudia os animais desde o punto de vista da súa utilidade para a saúde humana. 

20 de febreiro de 2021

Ana Frank

 "Os mortos reciben máis flores que os vivos, xa que o remorso é máis forte que a gratitude."

-Ana Frank

19 de febreiro de 2021

Hermann Hesse

"Non digas de ningún sentimento que é pequeno ou indigno. Non vivimos doutra cousa que dos nosos pobres, fermosos e magníficos sentimentos, e cada un deles contra o que cometemos unha inxustiza é unha estrela que apagamos".

Hermann Hesse

18 de febreiro de 2021

Aforismos de Leonardo

444.- Se o escultor fai notar a súa incapacidade de restablecer o que quitase con exceso en algures da súa obra, cousa que o pintor pode facer facilmente, responderemos que se tal fixo foi por falta de entendemento e mestría. Se sabe medir exactamente, non quitará o que non debe; o erro, pois, non ha de imputarse á materia, senón ao operario. 

17 de febreiro de 2021

Pensar

"... É o único que non poden facer. Poden obrigarche a dicir calquera cousa, o que sexa, pero non obrigarche a que o creas. Non se poden meter na túa cabeza... Se seguimos sentindo que vale a pena seguir sendo humanos, mesmo aínda que non sirva de nada, derrotámoslles.?

George Orwell
1984

16 de febreiro de 2021

A envexa

A envexa é a relixión dos mediocres. Os reconforta, responde as inquietudes que os roen por dentro e, en último termo, podrécelles a alma e permítelles justificar a súa mezquindade e a súa cobiza até crer que son virtudes e que as portas do ceo só se abrirán para os infelices como eles, que pasan pola vida sen deixar máis pegada que os seus trapaceiros intentos de facer de menos aos demais e de excluír, e se é posible, destruír, a quen, polo mero feito de existir e de ser quen son, pon en evidencia a súa pobreza de espírito, mente e redaños, porque a súa alma nunca lles pertencerá.

Carlos Ruiz Zafón

15 de febreiro de 2021

13 de febreiro de 2021

A morte

Cando un morre, todo o mundo debe deixar algo detrás, dicía o meu avó. Un fillo, un libro, un cadro, unha casa, unha parede levantada ou un par de zapatos. Ou un xardín plantado. Algo que a túa man tocará dun modo especial, de modo que a túa alma teña algún sitio onde ir cando ti morras, e cando a xente mire esa árbore, ou esa flor, que ti plantaches, ti estarás alí. Non importa o que fagas - dicía - en tanto que cambies algo respecto de como era antes de tocalo, converténdoo en algo que sexa como ti despois de que separes diso as túas mans. A diferenza entre o home que se limita a cortar o céspede e un autentico xardineiro esta no tacto. O cortador de céspede igual podería non estar alí. O xardineiro estará alí para sempre.

Farenheit 451, Ray Bradbury

12 de febreiro de 2021

ENTROIDO LUDICO

Nunha situación normal teríamos estes días o Torneo de Entroido de Xadrez, como o do ano pasado no Sporting Club Casino, o Torneo Universitario de semirrápidas e algunha cousa mais. Adaptándonos ao que temos, presentamos a actividade do Entroido Lúdico, ata o mércores, agardando a ver se as medidas son as mesmas a partir do mércores e podemos facer algo distinto no fin de semana seguinte.

O mellor participante nesta serie de actividades que sexa socio dalgunha das entidades que colaboran con esta xornada, recibirá o trofeo das Xornadas Lúdicas de Imbolc (a festa pagá que deu lugar ás festividades do entroido e da Candaloria).

VENRES DE ENTROIDO
16,00. Clases online de xadrez con Héctor Rodríguez. Organizado por INCUDE.
Se estás interesado a información está nesta ligazón:
https://xadrezuniversitario.blogspot.com/2021/02/clases-online-con-hector.html

21,30. Torneo de xadrez rápido Venres Lúdico (lembramos que non é do circuito de inverno). Organizado por INCUDE na plataforma chess.com.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://www.chess.com/live#t=2071513

SABADO DE ENTROIDO
SEN HORA. Amosa as túas habilidades no xogo de estratexia Travian. Promove Palaestra.
Crea unha conta no server hispano 5, elixe o sector noroeste.
https://www.travian.com/es?uc=46c6f000-623a-11eb-0b05-010000000f91
Obxectivos que puntúan: 
1) Ser o primeiro en crear a alianza ENTROIDO 
2) Lograr a segunda aldea antes de fin de mes.

16,00. Este sábado non hai Liga Sub12 Online. Pero AGAX organiza un torneo aberto a tódalas idades en lichess.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://lichess.org/tournament/c62Gq0Nr
Contrasinal: ENTROIDO2021

20,00. Torneos de warzone. Organizado por HERCLE.
Se estás interesado a información está nesta ligazón do grupo de whatsapp (entra con tempo):
https://chat.whatsapp.com/GtrJ90VWbbkGCNS4aXTEFj

DOMINGO DE ENTROIDO
17,00. Torneo de xadrez rápido do Circuito Domingos Online do Club Deportivo Auténtico.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://lichess.org/tournament/Qtl9jkyi

20,00. Fora do programa temos esta suxerencia; o domingo o historiador Felipe Senén (autor tamén do debuxo que adorna esta publicación) da unha conferencia a través do Facebook da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia sobre o entroido. 
Se estás interesado vai a esta ligazón:
https://www.facebook.com/amigosmuseosgalicia

LUNS DE ENTROIDO
17,00. Torneo Rei do Outeiro. Organizado por INCUDE na plataforma chess.com.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://www.chess.com/live#t=2071516

MARTES DE ENTROIDO
19,30. Torneo de Entroido Clash Royale. Organizado por INCUDE.
O torneo abrirá unha hora antes.

MERCORES DE CINZA
SEN HORA. Amosa as túas habilidades no xogo de estratexia Clash of Clans. Promove Palaestra.
Creade unha conta.
Obxectivo que puntúa: Poñer en marcha o Clan Entroido

Pode que engadamos algunha cousa mais nestes días e faremos tamén actividades especiais no fin de semana seguinte, cando sería o Domingo de piñata nun entroido normal.

11 de febreiro de 2021

Aforismos de Leonardo

443.- Non hai comparación posible entre o enxeño, artificio e discurso da pintura e os da escultura. Para esta última, a perspectiva é resultado material e non artificial; non implicando, por conseguinte, ningunha dificultade. 

10 de febreiro de 2021

CIRCUITO DE XADREZ OS DOMINGOS

Resultados do último torneo.

Jacebo (nick do xogador da USC Jacobo Vieites) voltou a xogar e gañou de novo. No segundo posto Rubentro, e no terceiro Nostradamus.

Situación do circuito.

Rubentro, grazas a súa regularidade ao ter participado nos tres torneos lidera a clasificación. Jacebo ocupa a segunda praza e Nostradamus a terceira. Xa son nove os xogadores que teñen logrado puntuar nesta proba combinada.


Próximo torneo.

O próximo torneo do circuito será este domingo, domingo de entroido, ás 17,00 en lichess.org.

DOMINGO ONLINE Arena #Qtl9jkyi • lichess.org

Participa no noso Club

Lembramos que a participación no Club CC Los Rosales é de balde. Tes a normativa nesta ligazón.

https://deportivoautentico.blogspot.com/2021/01/actividade-de-xadrez-online.html


9 de febreiro de 2021

Xadrez online con Héctor

En febrero y marzo hacemos el segundo grupo de clases con Héctor Rodríguez, en el que incluye un temario original y variado. Esta es su propuesta para febrero y marzo:

Clase 5 de febrero: Revisión del mate de alfiles y caballo/alfil.
Contenido: 
-Mate de alfiles
-Mate de caballos y alfiles
-Práctica 
Desarrollo de la clase:1:30m
El profesor mediante modelado participante le expondrá al alumnado los dos tipos de mates.
1- Exposición, observar la realización de estos mates.15m.
2- Instigación, el profesor ayuda verbal y físicamente a llevar a cabo el ejercicio.30m.
3- Retirada progresiva de instigadores. El profesor retira gradualmente los apoyos al alumno.30m.
4- Practicar los mates en otros contextos y con otros modelos para fomentar la generalización.15m.

Clase 12 de febrero: Revisión de finales.
Contenido:
- Posición de Lucena y Philidor 
- Finales de torres y peones
- Finales de peones 
Desarrollo de la clase:1:30m
Mediante la metodología aprendizaje en problemas, el profesor les entregara cuatro posiciones con los contenidos del tema, ellos lo analizaran y realizaran una lluvia de ideas para aportar las soluciones. Posteriormente, realizaran búsquedas individuales para resolver los finales, consultando páginas web de ajedrez. Finalmente se pondrá en grupo la información que adquirieran y el profesor puntualizaría los aspectos que no surgieran por parte del alumno si fuera necesario.
1- Discusión previa, presentación de los finales.30m
2- Estudio independiente.10m
3- Discusión posterior.30m
4- Feedback del profesor.20m

Clase 19 de febrero: La utilización del espacio.
Contenido:
- Espacio
- Partidas abiertas, semis y cerradas 
- Avanza, captura o ignora 
Desarrollo de la clase: 1.30m
Se realizará una exposición utilizando los “estudios” de Lichess para la explicación del temario. Posteriormente, tras su asimilación, se utilizará el Kahoot (gamificación) para responder una serie de problemas. 
1- Exposición. 30m
2- Kahoot. 30m.
3- Táctica. 30m. 

Clase 26 de febrero: Diferencia entre ver y observar. Observar a tu oponente.
Contenido: 
- Leer el tablero.
- Diálogo interno.  
- Buscar el movimiento del oponente.
Desarrollo de la clase: 1.30m
Se focalizará la clase en la diferencia entre ver y observar una partida de ajedrez, para ello utilizaremos el ajedrez “a la ciega”, para demostrar que nuestros ojos pueden engañarnos. Finalmente desmontaremos nuestros diálogos internos para pensar como nuestro rival y no como nosotros queramos que se desarrolle la partida.
- ¿Nuestros ojos nos engañan? Clip de youtube, StarWars IV https://youtu.be/G1xxVxC7S0c 10m.
- Ajedrez “a la ciega”. 30m.
- Ajedrez con la orientación invertida (vemos el tablero desde los ojos del rival). 30m.
- Entrenamiento Blitz/Bullet. 20m.

Clase 5 de marzo: Elegir la mejor jugada.
Contenido:
- Cuestionar cada movimiento.
¿Cuál es la idea de este movimiento?
¿Necesito tomar medidas inmediatas?
    ¿Es un movimiento bueno o malo y por qué?
- Crear un plan 
- Buenas y malas piezas 
- Juego posicional 
Desarrollo de la clase: 1.30m
El profesor utilizando “Canva” y los “Estudios” de Lichess para la presentación del contenido y pondrá ejemplos de posiciones de los alumnos de partidas anteriores para poder evaluar sus errores. Finalmente se llevará un entreno analizando una partida del GM Karpov y realizando pequeños ejercicios sobre esa partida para practicar el juego posicional. 
- Presentación. 30m
- Corrección de errores. 30 m
- Practicando el juego posicional.30m

Clase 12 de marzo: Emociones. Como ganar las partidas ganadas. Como luchar las partidas en desventaja.
Contenido:
- Emociones en el tablero.
- Ganar la partida ganada.
- Luchar partidas en desventaja.
Desarrollo de la clase:1.30m
Comenzaremos viendo una reflexión del GM Kasparov sobre las emociones y realizaremos una conversación grupal sobre las emociones dentro de una partida de ajedrez, poniendo el punto de vista en trabajar los momentos de presión y relajación, como las distracciones y preocupaciones que puedan surgir. Finalmente veremos trucos para ganar lo ganado y luchar lo casi perdido. 
Conversación. 30m
Ejemplos. 30m
Entrenamiento Blitz/Bullet. 30m 

Clase 19 de marzo: Activar tus piezas.
Contenido:
- Peones
- Puestos avanzados. Ejemplo del “Caballosaurius”
- La pareja de alfiles
- Alfiles vs caballos
Desarrollo de la clase: 1.30m
Se realizará una exposición utilizando los “estudios” de Lichess para la explicación del temario. Posteriormente, tras su asimilación, se utilizará el Kahoot (gamificación) para responder una serie de problemas. 
4- Exposición. 30m
5- Kahoot. 30m.
6- Táctica. 30m. 

Clase 26 de marzo: Clase de reforzamiento.
En la clase final haremos un repaso general del curso y una actividad especial que desvelaremos más adelante.

Horario: Viernes a las 16,15
Cuota: 50 euros por los dos meses. 40 si estás federado con nuestro club.
Grupo máximo de 6 alumnos. Iranse facendo outros grupos segundo necesidades.
Inscripciones: Whatsapp 654603716

8 de febreiro de 2021

Vocabulario médico galego

zoonose

Moi de moda por morcegos ou pandolins nesta época



s.f. Enfermidade infecciosa que se transmite dos animais ó home. 

4 de febreiro de 2021

Aforismos de Leonardo

442.- Todo o contrario ocorre co pintor -só falamos, está claro, de pintores e escultores excelentes-. Ben vestido, comodamente sentado fronte á súa obra, move sobre a tea a súa livianísimo pincel embebido en finas cores. As súas roupas son elegantes e ao seu gusto. A súa habitación é limpa, e pinturas exquisitas sérvenlle de ornato. Faise acompañar ás veces de músicos e lectores, que fan ouvir belas e variadas producións, as cales -lonxe de todo ruino de martelos ou de calquera outro bulicio- son escoitadas con deleite. 

28 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

441.- Así se demostra que o escultor, a forza de brazo, vai facendo saltar a golpes no bloque de mármore ou outra pedra dura, materia da obra que realiza, todo o que excede á figura encerrada nel. O seu exercicio, mecánico no alto grao, vai frecuentemente acompañado de copiosa suor, que se mestura co po e convértese en lodo. Co rostro enharinado como o dun panadeiro e todo el corpo cuberto de miúdas escamas de mármore, diríase que lle nevou encima. A súa habitación, chea de fragmentos de pedra, é sucia e porenta. 

21 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

440.- Entre a pintura e a escultura non encontro máis que esta diferenza: que o escultor executa as súas obras con maior fatiga de corpo que o pintor, e o pintor executa as súas con maior fatiga de mente. 

18 de xaneiro de 2021

Vocabulario médico galego

aerografía 



s.f. 1. Descrición da calidade do aire. 2. Radiografia que emprega o aire como contraste. 

14 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

439.- A escultura non é ciencia, senón arte moi mecánica. Produce con suor e fatiga corporal para o operario. Bastan ao escultor as simples medidas dos membros e o coñecemento dos movementos e actitudes, e aí termina o seu dominio; mostrando ao ollo cada obxecto como é, sen provocar a admiración do espectador; mentres que a pintura a conquista, exhibindo, a forza de ciencia, nunha superficie plana, as vastísimas campiñas cos seus afastados horizontes. 

11 de xaneiro de 2021

Vocabulario médico galego

zunido 






s.m. Son continuo, agudo e sibilante, que pode ser obxectivo ou subxectivo. // Z. de oídos Ruído subxectivo semellante ó que se percibe ó zoar un insecto, debido a unha alteración vascular ou dos órganos auditivos. Tamén se di tinnitus aurium. 

7 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

438.- A escultura, con pouco traballo, mostra o que na pintura parece cousa de milagre: dar unha aparencia palpable a obxectos impalpables, relevo ao que é plano, distancia ao que está preto. En efecto, a pintura está ordenada de infinitas especulacións que a escultura descoñece. 

3 de xaneiro de 2021

Queres xogar ao xadrez?

Este ano vai ser seguramente, como o pasado, complicado para as competicións oficiais da Federación Galega de Xadrez.

Os nosos socios da asociación universitaria INCUDE están a buscar xogadores.

Bota unha ollada a súa web

2 de xaneiro de 2021

Inicio das Leis de Robótica

Un 2 de xaneiro naceu o grande Isaac Asimov, escritor e divulagor científico.

Non resulta fácil pensar en computadores sen preguntarse se algunha vez substituirannos, se serán quen de nos remplazar, tras consideraranos anticuados e se librarán de nós do mesmo xeito en que nos sacamos de enriba as lanzas e os chisqueiros de roda?
Se imaxinamos uns cerebros tipo ordenador, dentro das imitacións de metal dos seres humanos aos que chamamos robots, o medo é aínda máis directo. Os robots parécense tanto aos seres humanos que a súa mesma aparencia pode imbuírlles ideas de rebelión.
O mundo da ciencia ficción enfrontou con este problema nos anos vinte e trinta, e foron moitos os contos escritos con cautela respecto a robots que, unha vez construídos, volvíanse logo contra os seus creadores e destruíanos.
Cando eu era mozo empecei a cansarme cada vez máis de todas estas cautelas, posto que me parecía que un robot non deixaba de ser unha máquina e os seres humanos están constantemente construíndo máquinas. Dado que todas as máquinas son perigosas, dunha maneira ou outra, os seres humanos tampouco deixaron nunca de construír proteccións nelas.
...